· Foro de opinión
· Discografía
· Descargas

· Enlaces

· Tenda

 

 

CONTACTO:

T +34 689 005 025
T +34 686 913 227
E correo@veriafolk.com

VERIA
Casa da Cultura.
Feira-do-Monte (Galicia)
E-27377

Benvidos á web do grupo galego de folk Veria 

O grupo de folk Veria, de Cospeito, intenta recuperar a música que se facía nestas terras anos atrás. Así, forman parte do repertorio pezas que tocaba 'Alegría de Muimenta', cuarteto que estivo en activo entre os anos 1946 e 1962, amenizando bailes de salóns e romarías da Terra Chá e arredores. Tamén se recolleron pezas de Antonio da Ermitas, gaiteiro de Pino, e trovas de Antonio Camba e Josefa da Fraga. No repertorio tamén teñen cabida composicións dos membros do grupo e temas tradicionais.

Cóllase un anaco de banda un domingo pola mañá, unhas pingas de charanga, o fol dunha gaita vella, unhas ledas cantareiras, uns coiros de cabuxo ben tesos, adóbese ó xeito tradicional, bótese todo a ferver no escenario e velaí a receita: “música pra botar un pé”.

Para Botar un Pé


Así se titula o noso primeiro traballo discográfico no que quixemos botar unha ollada na música que se facía na bisbarra da Terra Chá a mediados do século pasado. A meirande parte das melodías son recollidas a músicos que tocaban naquela época ou a xentes que se lembran daqueles tempos e que nolas cantaron. A finalidade desta música era, maiormente, para os bailes e romarías que se facían ó ar libre ou en salóns.

 

 
                                                                            



 

 

 

© 2004-2006 Asociación Cultural Os Gaiteiros de Veria | e-mail | NOTA LEGAL